Barcos
Agosto 14, 2008 by caneiro
Primeira parte. Capítulo 7.
Continuamos no ronsel de Neruda. Polas nubes, por este agosto raro pintado de melancolía, por todo o que falta, polas risas que quedan por rir e as copas que restan por brindar, por Bovary, camiñando, camiñando… como un barco que corre a ningures. A veces van mis besos en esos barcos graves…
<Seguiu mirando a rúa, absorta entre as nubes que tamén decoraban coa súa palidez un novo día de abril. Non se movía. Estupefacta. Non se movía mentres unha voz recitaba tras ela a estrofa completa de Neruda.
–Aquí te amo y en vano te oculta el horizonte.
Te estoy amando aún entre estas frías cosas.
A veces van mis besos en esos barcos graves,
Que corren por el mar hacia donde no llegan.
Talvez era un soño. Por iso tardou algúns segundos en dar a volta para comprobar quen era o seu contertulio, ¿un fantasma? Non, Hermelinda, non, os fantasmas non existen, parva, que van existir. Ía xirar cando se pousaron unhas mans sobre os seus ombros. E a mesma descoñecida voz, máis cálida aínda, remataba con Neruda e o seu poema dezaoito, o máis fermoso, un dos poucos que Hermelinda aprendera de memoria, ámote aquí, aquí, y en vano te oculta el horizonte>
Publicado en Sen categoría | 2 Comentarios
Deixa un comentario
Á vida chegan barcos, e marchan barcos. Ler a súa novela fíxome pensar neses barcos que veñen e van da miña vida. Estou volvendo ler a súa Bovary e estou dándolle as grazas a vostede por ternos regalado esta marabilla. Por certo, tamén leo o blog de Eyré e as cousas que entresacou dela. Hai miles, moitas máis frases que quedarán para sempre na historia da nosa literatura. Grazas outra vez.
Mágoa que sexa vostede “Ninguén”, pero saiba que comentarios como este alentan, acariñan, e fan o meu traballo útil e grato. Unha apreta.