Primeira parte. Capítulo 2.
<Existe o camiño da bondade, da xenerosidade, do gozo, das estrelas canoras que suspiran no ceo todas as oracións da ventura, o amor, as caricias… os ananísimos nenos xogando e berrando ao compás da imaxinación, a herba verde que ole a ceo tras a chuvia… os reloxos de area detidos sobre un paraíso de escuma, o melocotón do desexo… a divina providencia de crérmonos inmortais e sermos soamente sombras, o talento de escribir unha sonata que nos electrocuta a alma, os versos, as novelas permanentes… todo iso, amiga, todo iso.
–As novelas, Arístides… as novelas son o baúl onde se encerra a vida, ¿non cre?
–Non, non o creo. As novelas son espadas que nos separan do mundo. Ou, polo menos, espadas que nos separan dunha parte do mundo. Antes pensaba que nelas podería encontrar todo o que a vida me negara, pero era falso, Hermelinda… falso… a vida está na vida, ¿entende?… o demais é papel, letras, palabras que percorren con maior ou menor enxeño un libro.
–Palabras, palabras. Vostede colecciona palabras que poden salvar á humanidade, dixo antes.
–Si, eu colecciono palabras como tantos e tantos homes, personaxes novelescos a maioría, pero non para salvar a humanidade… no fondo colecciono palabras para salvarme a min mesmo.>
Colecciono palabras para salvarme.
Pero a literatura non salva.
Alivia… talvez…
Si en Vigo no me atreví a felicitarte al acabar el recital, rodeado como estabas por tus amigos, hoy, desde casa pero con la misma alegria que hubieses notado en mi rostro, te doy mi enhorabuena . La novela es estupenda. Fue ella, con sus historias de amor, de locura, de sueños, de certezas e intuiciones, de imposibles, de obstinado y maravilloso deseo… la que me llevó hasta la plaza de Compostela. Y puedo asegurarte que allí, bajo esa carpa, sola, pero con todos tus personajes en mi cabeza, sentí como un regalo la magia de la literatura. Por eso, gracias a ti.
Marina Tsvietáieva definía el siglo xx con estas breves palabras: “Un siglo dispuesto a dar diez Pushkin por un coche”. Y escribía en otra carta: “Mi desgracia es que para mi no existe ni una sola cosa exterior, todo es corazón y destino”.
Muchísimas Felicidades.
Qué podo dicir? Só moitas grazas. Máis tarde, contemplado polos meus libros e a miña noite, intentarei escribir o que agora sinto. Agora resulta imposible. Un abrazo grande.
Estou coa súa novela. Marabillosa. Punto.
Todos, todas, deberiamos coleccionar palabras lindas para salvarnos, palabras que repetir cando a tristeza entra silandeira no noso cuarto e nos vai envolvendo pouco a pouco, mais tamén cando invade o noso espazo impetuosa como unha poldra desbocada, brutal. Non sei se as palabras salvan, ou non, mais algunhas son lindas, soan doces, acarician, cando máis o precisas. Eu creo, como Arístides (permítame dirixirme a el con certa familiaridade, vou pola cuarta lectura da novela), como Silesio Braun (de quen sigo perdida e incondicionalmente namorada), como algunha das Olvidos dos Séculos da lúa, que hai palabras máxicas. En todas as súas novelas, tamén nesta última, por suposto, conflúen moitas delas. Creo que por iso soan a música. Ou a poesía. Tanto ten. Á fin de contas, todo iso debe ser a literatura. Insisto: a literatura, a LITERATURA, debe ter poesía e música.
O día 23 intentarei levar un pano vermello con faíscas prateadas como a nosa Hermelinda. A ocasión ben o merece e será a miña homenaxe. A ela. E a Emma.
Curiosidades da vida. Bovary saíu, segundo nota de prensa de Galaxia, o 23 de abril, Día do Libro. Presentouse en Auria o día 23 de xuño. E o 23 de xullo ha de pasar algo importante para este autor (nunca a miña obra mereceu tanto recoñecemento e estima). Pero é mellor gardar o segredo. O autor agradecerá ese pano vermello con faíscas prateadas. E ha de brindar coa lúa, cos mestres que non están, con Emma e Quijano, con todas as Olvidos que non queren ser olvido, con Nicolás Odín, co deostado Ulises Craso, con Silesio Braun, co Inés e cos borrachos que iluminaron a súa melancolía, en París, en Dalmara… con todos os bicos e abrazos que se perderon… e coa ilusión de seguir, pese a tanto. Grazas pola Literatura, Kiranah. A ti. A todos.
Heloísa, grazas.