Santiago Jaureguízar, un redactor de escasa lucidez e ínfimo talento, escribiu: ”Caneiro mantivo unha polémica con Rivas o mes pasado, pero a cousa logo morreu. Leva razón Rivas, este país non está preparado para polémicas”.
A polémica, efectivamente, logo morreu. Pero non é porque Caneiro non estivese disposto a debater, senón porque a carta coa que Caneiro contestou a misiva de Manuel Rivas nunca foi publicada por El País. En vista de que Rivas afirma que “este país non está preparado para as polémicas” (deixando ver que el si está preparado e os outros non) publico no blog de Bovary a carta prohibida.
Sr. Director:
El sábado 24 de mayo en una carta publicada en su periódico, el escritor Rivas (permítame este tratamiento para tratar, en rigor, a mi correspondiente con las mismas palabras con las que él a mí se dirige) decía que nunca me ha llamado reaccionario. Permítame añadir que, aunque no lo expresé en la entrevista que su periódico publicaba el viernes 23 de mayo, también me ha llamado cínico. Por no señalar algún otro artículo (El País 26 de octubre 2007) donde, con pésimo gusto, denominaba “cangrexos profesionais” a los escritores no adeptos a su causa. Los lectores que hayan podido consultar su artículo “O escritor que foi cazar leóns a Escocia”, en un mero ejercicio de lógica, podrán comprobar su tratamiento real hacia mi persona por el simple hecho de no ocultar ni mi pensamiento ni mis ideas, por discrepar o disentir. La lógica poco tiene que ver con las artes adivinatorias que él parece dominar con pericia: “Creo que <Os libros arden mal> sobrevivirá muy bien a Caneiro y a todas las ocultaciones”. Por lo demás estoy a disposición del señor Rivas para conversar, como él sugiere, sobre los asuntos literarios que considere oportunos.
Reciba un cordial saludo.
Acabo de ler a súa novela, señor Caneiro, e creo que vostede ten todo dito con ela. Contestar a Jaureguízar é rebaixarse. E Rivas e todos os demais que tanto o sinalan co dedo, incluída a súa tradutora Dolores Vilavedra, debían ler tamén a novela e despois xulgalo a vostede literariamente. Como lector só quero transmitirlle a miña efusiva noraboa e meu agradecemento. Foi unha ledicia ler A vida nova de Bovary. É unha desas historias ás que sempre hai que volver.
vostede nunca deixa de insultar aos demais?
Podería sinalar que considera vostede insulto? Nunca insultei a ninguén, reitero, NUNCA. Sempre fun eu o insultado e, de cando en vez (equivocadamente cecais), contesto dende a mesma altura aos meus adversarios. Imaxino que pensa vostede que sinalar a Jaureguízar como “redactor de escasa lucidez e ínfimo talento” é un insulto. Equivócase. Se le a súa obra literaria dende un punto de vista exclusivamente crítico (a calidade literaria, créame, posúe parámetros obxectivos) ha de estar de acordo comigo.
Grazas pola noraboa e grazas por ler a miña Bovary. Saiba vostede que non me sinto “sinalado co dedo”, como afirma no seu comentario. A miña literatura goza de afectos e desafectos, e iso paréceme natural. Nunca petei tampouco na porta de ningún conciliábulo ou capela. Débome aos meus libros e aos meus lectores. Pola miña obra pido que se me xulgue, nada máis. En todo caso, quero que saiba que unha das cousas máis fermosas que pode ler un escritor é que un lector diga que “hai que volver” ás súas novelas. Síntome moi agradecido.
A min gústame moito o que escribe. Non faga caso dos comentarios crueis dos seus “colegas”. Levarei conmigo a Bovary de vacacións a Tenerife.
Seguro que Bovary ha de pasalo moi ben baixo o sol de Tenerife, ela xa está cansa do frío. Grazas polo seu comentario.
A min paréceme moi vulgar ir a Tenerife a ler unha novela de Caneiro. Sinxelamente non pega, non é sublime lela tumbado nunha praia chea de guiris e de area, non é apropiado un marco tan ordinario. Tiña que ir lela a Florencia, ou a un balneario alemán, ou a unha aldea da Toscana. Pero a Tenerife… por favor, alí pégalle mellor ler a Dan Brown.
Pregúntome que pode empuxar a un tal Lucas, ás 2 e cuarto do mencer, a entrar no blog dunha novela? Toscana, Florencia, balneario alemán… as miñas novelas poden lerse, ou queimarse, en calquera lugar e a calquera hora. Eu escribo libremente. Os lectores libremente len a Caneiro, ou non len a Caneiro. Non son mellor ou peor por estar na Toscana, en Tenerife, ou nos ollos turíferos de Lucas. Ttttt… Tedio.
DJ Caneiro:
A pesar do deseño do encabezamento desta páxina e de que a xira dos “poemas prohibidos” non pasou pola miña vila…
Estamos contigo!
Noraboa pola Bovary (e moitísimas grazas por todas as anteriores, claro).
O relevante desta páxina, igual que o relevante dos libros, é o que imos escribindo uns e outros nela. Non sei cal é a súa vila. Pero seguro que tarde ou cedo habemos de pasar, con Bovary e con poemas, por aí. Polo demais, terei que dicirlle a Antonio (a persoa que deseñou esta páxina) que cambie polo menos a miña foto. Pero bueno… o que importa está no interior (isto xa parece un lema publicitario). Grazas polo comentario.
O dereito a ser noctámbulo non é un dereito exclusivo de Caneiro, polo que o tal Lucas -ou sexa, eu- tamén pode navegar de madrugada. O que si está moi claro é que ás 2:24 am Caneiro non ten ningún sentido do humor. Reláxese, home, non sexa tan desabrido e ríase un pouco, que é bo para a saúde.
Lucas, como vostede saberá, era o máis erudito dos evanxelistas. Home culto e, polo tanto, de espírito aberto. Sinto que vostede se sentise agraviado pola miña resposta. Créame, non foi a miña intención. Pero creo observar nas súas palabras un ton irónico con respecto á miña novela. Reitero: Bovary pode lerse na Toscana e tamén en calquera rústico lugar. Leu vostede a novela? Acaso a súa velada acusación de elitismo posúe algunha argumentación? Un saúdo, Lucas.
Nótoo un pouco tenso e á defensiva, Caneiro. O ton era, por suposto, irónico, pero non necesariamente respecto á súa novela. Claro que penso lela, de feito xa a merquei. Agardarei, igual que a súa siareira, a lela nas inmediatas vacacións, que non serán en Tenerife, abofé. E se mo permite, sigo mantendo que as súas novelas non son aptas para lerse na praia ou en lugares de turismo masivo (ou viceversa), dito sexa tanto con ironía como sen ironía. Un saúdo.
Lucas: eu nunca leo na praia e menos estou en sitios de turismo masivo. En canto aos sitios recomendados xa os coñezo, moitas grazas polas súas suxerencias.
O interesante é saber que pensan as persoas que lean Bovary. O enriquecedor é intercambiar pareceres literarios. Ese foi o fin, duplo, co que naceu este blog. Non ten outro sentido: a conversa intelixente, a discrepancia, as afinidades… Teño a sensación de que o mundo da internet non é o meu mundo: só amo os francotiradores que disparan ao corazón dende a tenrura, non dende o odio. En todo caso, oxalá a novela prenda nos lectores e lectoras. Grazas.
Di que ama os francotiradores, pero despois impón unhas condicións leoninas á hora de efectuar os disparos (metaforicamente falando). Eu moi tenro non lle son cos descoñecidos no plano persoal, pero tampouco teño odio, e menos a vostede. Non teño motivos. Un saúdo.
Lucas, acabaremos conversando sobre a novela: velaquí o obxectivo do blog. O seu criterio, estou seguro, ha de ser interesante e literario. Un saúdo.
Se ese é o único obxectivo do blog (o conversar sobre a novela), terá que recoñecer que limita grandemente desenvolver o que vostede mesmo denomina “a conversa intelixente, a discrepancia, as afinidades…”. Pola miña parte xa lle dixen que lla ía ler nas inmediatas vacacións. Pero debe comprender que, entre que chegan estas e o tempo que tardo en ler unha novela tan grosa, ademais de atender outras necesidades estivais (saír tomar unhas cañas, por exemplo) poden pasar algunhas semanas. Agora ándolle con outras lecturas máis urxentes e non precisamente novelas. Compréndao. Un saúdo.
Oxalá esas lecturas sexan venturosas. Unha apreta.
Gracias polas túas palabras, Xosé carlos. As recomendacións de Germán non son deshechables: Manolo Vilas, poeta e narrador, ten libros bós, moi bós; en poesía “El cielo”, “Resurrección” y “Calor”; en prosa, “Magia”, “Zeta” e “España”. Ferré, sobre todo en “La fiesta del asno”, fai cousas ó meu ver máis interesantes que Fernández Mallo. Como ensaista e narrador hai dous nomes orixinais: Vicente Luis Mora e Eloy Fernández Porta. Aínda que participou no libro “Mutantes” non pertence a “Generación Nocilla” Javier Pastor, con dúas novelas espléndidas (creo que con Vilas é o máis “escritor” de todos): “Fragmenta” e “Esa ciudad”. Apertas.
E pensar que alguén que habita pola rectoral de Oza Dos Rios veu a Tenerife e recomendoume encarecidamente ler a Caneiro?
Aínda non o fixen pero deseguro que o seu amigo XL cando volva a Tenerife non esquecerá do agasallo. Tamén me gustaría saber se recomenda vostede lela ao sol ou a sombra. Gracias.
TENERIFE ISLA AMABLE
Pois eu, ¿que queren que lles diga? Vexo que o meu nick e o meu correo aparecen aí, nos espazos previstos para eles sen que eu fixese nada, e déixome levar. ¡Malditas as ganas que teño de participar nesta polémica!
Lin con atención as argumentacións de Caneiro, de M.Pawley, de Jaureguizar e todos os comentarios que as acompañan. Estaba intrigado con este Caneiro do que tanto escoito falar e do que nada sei. (Delirio ou non delirio, romanticón ou non, non penso ler a súa novela e tampouco non lin ningunha outra súa, nin columnas da Voz)
Referíndome só a el (Caneiro) e as súas argumentacións neste espazo no que me meto sen que ninguén me chame, o que aprecio é unha polémica ben cativa, ben pobre, de pouco calado e de ningunha altura. (¡Toma contradicción!). O que aprecio é unha falta de madurez, un infantilismo bastante notable -e agudo- no tal Caneiro.
Se este é o grande gurú das nosas letras, ¡que o demo me leve!
E disimulen se se me toman como insultos o que só pretende ser unha constatación.
A estocada profunda dun polemista ó dereito non pode ser un choromiqueo pueril e inorde. (Non vai cara a ningures)
Saúdos.