Sae hoxe no FARO DA CULTURA unha crítica da miña Bovary. Vén asinada por Martínez Bouzas e, para el, van as miñas primeiras palabras: moitas grazas. A min paréceme unha crítica excelente porque incide nos aspectos preponderantes da novela. E non é unha crítica “marabillosa”, acaramelada. O defecto da novela sería, para Martínez Bouzas, o exceso de intertextualidade. Ten razón o crítico. Pero cecais habería que reflexionar se ese exceso non é consubstancial ao exceso que, dende o inicio, marca o decorrer de Bovary.
Di, tamén, que é a miña novela máis ”lexible”, algo que procuro sinalar constantemente. E di, o máis importante, que “Caneiro consegue artellar unha novela que, superando o discurso denotativo, abraza ao lector”.
Esa foi a miña intención: abrazar ao lector.
Reitero: moitas grazas.